DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo desta semana falamos sobre este tema,fixemos xogos, escoitamos contos, cancións coa fin de promover a coeducación como medio de prever a violencia de xénero, incorporar como valores básicos a loita contra o sexismo, o machismo e a violencia de xénero e favorecer a construcción dunha identidade propia, positiva e non sexista.





DÍA DA CIENCIA

Este ano quixemos celebrar o día da Ciencia facendo experimentos científicos. Xuntámonos cos compañeiros da outra clase de 5º de EI e resultou unha experiencia enriquecedora e moi divertida.

Cantamos unha canción coa toupiña 

E logo fixemos algúns dos experimentos que sacamos deste libro: 











Tamén fixemos 2 experimentos de electricidade estática, onde os nenos viron que se produce cando se roza un obxecto contra outro, iso fixo que se pegaran cando tiñan cargas opostas.







Despois dos experimentos cadaquén debuxou o experimento que mais lle gustou.