Xa transcorreron 3 anos dende que chegastedes a Anexa. Viñades con choros, con medos, con ilusión por descubrir cousas novas e por parte das familias que os deixabades en mans alleas.
Xuntos percorremos este camiño e disfrutamos de 3 anos das vosas vidas e aínda que nalgún momento foi dura a nosa labor como mestras, podemos dicir que disfrutamos deste pequeno paseo con todos vos.
Grazas a todas as familias por confiar en nós, por mostrarnos o voso apoio, agarimo e comprensión, pero sobre todo grazas aos nosos nenos e nenas por eses momentos cos que nos agasallastedes, coas vosas risas, sorrisos, xogos e polas vosas miradas que din todo.
Estaredes sempre nos nosos corazóns pero isto non é unha despedida porque seguiremos vendo como medrades.
Biquiños das vosas profes de infantil
Moitas grazas ás profes de infantil por cuidar e ensinar tan ben aos tesouros mais preciados que temos, os nosos fillos
ResponderEliminarGrazas polo teu comentario
ResponderEliminarNon podo menos que emocionarme o ler estas palabras. Nos sí que temos que darvos as grazas!!!!! Seguimos mandilóns verdes💚
ResponderEliminar