AS PROFES DE PRÁCTICAS

Neste trimestre cada clase de tres anos tiveron unha rapaza estudiante de maxisterio que fixo as prácticas, ensináronnos unha morea de cousas , xogaban con nós e déronnos moito agarimo. Na clase tiñamos un trasno que nos deixaba a diario unha carta con retos que había que conseguir.
E como o trimestre rematou Sofía e Mónica tiveron que marchar. Despedímonos delas con moita mágoa e démoslle uns detalliños para que non se esqueceran de nós.
Elas tamén nos deron unhas pulseiras moi chulas coa nosa inicial.

CHEGOU O NADAL

Estamos traballando as figuras xeométricas no cole. Nestas datas toca o cadrado e como queríamos facer un adorno para a nosa árbore, pensamos en facer algo con forma cadrada.
Fomos preparando a árbore e o mural, no que cada un de nós estampou unha cortiza que mollamos previamente en témpera branca.