Neste trimestre cada clase de tres anos tiveron unha rapaza estudiante de
maxisterio que fixo as prácticas, ensináronnos unha morea de cousas , xogaban
con nós e déronnos moito agarimo.
Na clase tiñamos un trasno que nos deixaba a diario unha carta con retos que había que conseguir.
E como o trimestre rematou Sofía e Mónica tiveron que marchar. Despedímonos delas con moita mágoa e démoslle uns detalliños para que non se esqueceran de nós.
Elas tamén nos deron unhas pulseiras moi chulas coa nosa inicial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario