Os dinosaurios

Na clase de 6A de Infantil tivemos unha profe de prácticas chamada Noemi coa que traballamos a unidade didáctica dos dinosaurios. Aprendimos un montón de cousas. Como clasificar os dinosaurios polas súas pegadas, se eran carnívoros ou hervíboros...
Tamén fixemos as nosas pegadas
As profesoras contáronnos contos de dinosaurios cos que aprendimos cousas moi curiosas.
Poidemos levar os nosos dinosaurios ao colexio, había dinosaurios de todos os tamaños!!
E chegou o momento de despedir a Noemi para que siga formándose, porque do que non temos dúbida é de que vai ser unha gran mestra cun corazón enoooorme. Imposible esquecernos de ti.
Trouxo agasallos para tod@s
E para ela tamén houbo algun detalliño.. Cada nen@ fíxolle un debuxo, escribiulle algo e con todos os debuxos fixemos un libro:

DIA UNIVERSAL DO NENO

No día de hoxe contamos un conto no que a súa temática principal é a empatía. Algo que precisamos para poder vivir e relacionarnos cos demais dende pequenos.

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

No día Mundial da diabetes coñecimos os principais síntomas , como se diagnostica e o seu tratamento mais básico. Para que fose mais visual contamos un conto dos Bolechas.

Elaboramos un instrumento

Coa profesora de Música fixemos unhas maracas.

O OUTONO CHEGOU!!!

Os nenos e nenas de 6º de infantil fixemos un mural coas cores do outono.

TRABALLANDO A SUMA

Unha das actividades que fixemos na xornada de hoxe foron as sumas con coches de cores que temos na clase e logo escribímolas no encerado.