O ENTROIDO CHEGOU

Chegan estas datas que tanto nos gustan e este ano todos os nenos e nenas da Anexa seremos rockeiros por un día. Durante toda a semana cumplimos co mandato do meco.




 

Non todo é troulear, tamén traballamos o entroido no cole: falamos das comidas típicas destas datas, dos peliqueiros ( cadaquén decorou a pantalla dun peliqueiro) e fixemos un mural coas máscaras que elaboramos:





O CORPO HUMANO

Como xa sabedes o proxecto que estamos a traballar este curso é "O corpo humano". Hoxe tocou:

Medirnos







Pesarnos