Nadal no cole

Durante este mes traballamos o tema do Nadal no cole e tamén tivemos algunha sorpresa. Fixemos postais para felicitar o Nadal:
Escribimos unhas fermosas cartas a Papá Noel e os Reis, na que podían pedir 2 desexos: un material e o outro non. Logo esas cartas cada nen@ meteuna nun buzón máxico que deixaron no colexio.
Como era o último día fixemos festa: cantamos panxoliñas, tivemos unha merenda diferente...
E tamén houbo "palomitas e gusanitos"

PANXOLIÑA: Dinosaurios no Nadal

Este ano cantamos unha panxoliña relacionada co tema dos dinosaurios!!