A PASCUA NO COLE




 Rematamos o 2º trimestre cun xogo de Pascua: “ A búsqueda do ovo”.

A tod@s nos encanta o chocolate, pero antes de comê-lo.. hai que buscar, atopar e pintar un ovo de Pascua. Parece doado, pero… non vale calquera. ATENCIÓN! Ten que ter o noso nome.

Quen consiga facer todo isto, gañará un “ oviño de Pascua de chocolate”

Que sorte tivemos! 

Tod@s conseguimos atopalo

Así na casa…

Poderemos papalo!


















CHEGOU A PRIMAVERA

A primavera pouco a pouco foi despertando e a nosa árbore foi adornando. Bolboretas e flores de alegres colores, deixáronlle un vestido ben elegante!



SEMANA DA PRENSA

 Esta semana foi moi intensa, celebramos o Día da muller e tamen traballamos a semana da prensa. Iso parecíanos algo raro pero agora sabemos que en Lugo hai un xornal que se chama “O Progreso”…buff trae un montón de páxinas para ler , aínda que a nós o que mais nos gustou foi descubrir que nesas páxinas se pode debuxar e pintar.

Mirade que colorido lle puxemos.


8 DE MARZO

Este día homenaxeamos a todas as mulleres ( especialmente ás que sempre están preto de nós). Coñecimos a mulleres como: Clara Campoamor, Concepción Arenal.. que loitaron polos dereitos da muller. 

Tamén fixemos un mural cos debuxos e fotos que todos os nen@s trouxeron á escola. Cadaquén quixo plasmar xunto destas imaxes o que mais lles gustaba desa persoa e este foi o resultado.






FOMOS Á BIBLIOTECA

O mércores visitamos a Biblioteca  Pública



Ten unha pequena cafetería que é o único sitio onde se pode comer unha vez que entramos alí.


A bibliotecaria explicounos  o que temos que facer para poder levar un libro para a nosa casa e tamén como devolvelo.






Cando entramos vimos unha morea de libros colocados nos andeis e a bibliotecaria explicounos o funcionamento da biblioteca.




Poidemos ver algúns contos 






E tamén facer o que mais nos gusta...que é xogaaaar!