DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebramos o día do libro. Neste mural medran as flores e tamén os lectores.

SAÍDA Á BIBLIOTECA

No mes de abril, mes dos libros e dos contos. Empezámolo cunha saída á biblioteca.

XAQUE NA ESCOLA

Tivemos unhas sesións de xaque na escola, onde aprendimos o movemento das pezas entre outras cousas.

HORTO ESCOLAR

Para rematar este mes fixemos unha actividade no horto da nosa escola. Este primeiro día tivemos que plantar espinacas na aula , xa que chovía moito , pero imos coidalas moito para poder levalas ao horto nas próximas sesións. Ao tempo que plantamos tamén escoitamos e cantamos cantigas tradicionais galegas.

SEMANA DA PRENSA

Como neste mes tamén temos esta celebración aproveitamos para recordar cómo se chama o xornal que temos en Lugo e enlazándoo co Día da muller, buscamos e recortamos mulleres na prensa. Tamén aprendimos a buscar novas e os seus titulares.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

No mes de marzo traballamos unha data moi importante: o Día Internacional da muller. Para iso buscamos información sobre esa data e a cor que a representa. Facendo un pouco de maxia elaboramos a cor violeta/morado e pintamos unhas camisetas.

O MAXIA CO MAGO DAVID MÉNDEZ

Hoxe tivemos un espectáculo de maxia moi divertido.