ENTROIDO NA ANEXA

Hoxe foi un día de festa onde mestras e nen@s fomos disfrazados ao colexio. Fixemos xogos, desfilamos,merendamos cousas típicas destas datas e pasámolo moi ben.

DÍA DE ROSALÍA

No Día de Rosalía fixemos varias actividades para coñecer mellor a esta escritora galega, sendo a súa flor preferida os pensamentos.

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Este ano no Día da muller na ciencia traballamos a Jane Goodall, muller que investigou os chimpancés salvaxes.

Visita do Breogán

Que sorpresa tan grande, hoxe visitounos no patio Maximus e un xogador do Breogán!

Visita de Noemi

Hoxe visitounos Noemi, a profe de prácticas e trouxonos tizas de cores para todos. Divertimonos debuxando no chan