IMOS Á BIBLIOTECA DO COLE

Todas as semanas imos coa profe Chus á biblioteca, alí podemos ver contos, cantar cancións, facer debuxos... e o que mais nos gusta é que nos conten contos.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tratamos de concienciar aos nosos alumn@s que coa violencia non se chega a ningures, vimos algúns exemplos e fixemos varias actividades.

DÍA DA INFANCIA

Neste día falamos sobre os dereitos da infancia, vimos un corto e elaboramos entre as dúas clases un mural.

O OUTONO

No cole traballamos as estacións do ano e nesta ocasión tocalle ó outono. Cantamos cancións, fixemos actividades coas follas, identificamos os froitos do outono...