XA ESTAMOS EN 4 ANOS!

 Chega un novo curso onde temos que voltar a vista atrás e así recuperar normas, coñecementos, actitudes. habilidades e destrezas que tralo verán quedaron esquecidas.

Neste curso acompáñanos unha nova mascota que se chama Benito Bechamel e que visitará a casa de cada nen@ como fixo Casimira o ano pasado, pero este ano trae un novo obxectivo, que en poucos días saberemos de que se trata.