DESPEDIDA

Xa transcorreron 3 anos dende que chegastedes a Anexa. Viñades con choros, con medos, con ilusión por descubrir cousas novas e por parte das familias que os deixabades en mans alleas. Xuntos percorremos este camiño e disfrutamos de 3 anos das vosas vidas e aínda que nalgún momento foi dura a nosa labor como mestras, podemos dicir que disfrutamos deste pequeno paseo con todos vos. Grazas a todas as familias por confiar en nós, por mostrarnos o voso apoio, agarimo e comprensión, pero sobre todo grazas aos nosos nenos e nenas por eses momentos cos que nos agasallastedes, coas vosas risas, sorrisos, xogos e polas vosas miradas que din todo. Estaredes sempre nos nosos corazóns pero isto non é unha despedida porque seguiremos vendo como medrades. Biquiños das vosas profes de infantil

ÚLTIMO DÍA EN INFANTIL

A etapa de infantil rematou para nós e como non podía ser doutra maneira fixemos festa

CHEGOU O DÍA DA GRADUACIÓN

Despois de tantos ensaios e cunha mestura de emocións percorrendo os nosos corpos, chegou o día.
Ese día fomos todos moi elegantes
Cantamos unha canción que levabámos meses ensaiando
Fixemos un repaso do noso paso por infantil
O que mais nos gustou do cole foi: