OUTONO NA ANEXA

 E o outono chegou todo cheo de cor e así o plasmamos nos nosos traballos.







 


SAMAÍN E MAGOSTO

 E seguimos de troula…do San Froilán ao Samaín e ao magosto. Pero non todo vai ser festa! Estamos aprendendo cada día cousas novas.

















Dende Lugo, puxemos rumbo a Escocia, Hawai e agora xa estamos en Groenlandia.

Esto de viaxar tanto está xenial, aínda que só sexa coa imaxinación.

Entre viaxe e viaxe tamén fixemos unha paradiña para xogar as adiviñas. 

E aqui vai unha que nos gustou tanto , que ata quixemos plasmar a solución cunha manualidade. 


SAN FROILÁN

 Despois de coñecer as costumes e algo da historia do San Froilán, da súa comida típica como é o polbo fixemos uns polbos que non son comestibles pero son ben feitiños.