AS NOSAS MASCOTAS


Coa axuda de Ana ( a profe de prácticas) fixemos algunhas actividades moi divertidas.

Cadaquén presentou a súa mascota e outros nen@s contáronnos cal lles gustaría ter.


Coñecimos algunhas das súas características 



Despois pintamos e picamos un animal





Tamén creamos mascotas imaxinarias












Fomos acadando retos e plasmámolo no noso carnet


Isto quere dicir que xa estamos listos para coidar dunha mascota.



Cada día un grupo era o encargado de coidar da mascota.



LETRAS GALEGAS 2023


Na clase estivemos coñecendo mais cousiñas sobre Francisco Fernández del Riego que é o escritor ao que se dedican este ano as Letras Galegas.







Como o día das Letras Galegas era festivo, nós queríamolas celebrar no cole.

Comezamos con xogos populares que fixemos no areeiro e no ximnasio.


Tamén cantamos e logo festa rachada!!




LUGO NO TEMPO


Hoxe tocou visita á Afundación, aínda que o bo tempo non nos acompañou non mermaron as ganas de sair.
Alí vimos unha exposición onde poidemos coñecer mais cousas sobre a historia da nosa cidade.




Un polbo foi o noso guía nesta visita.



Fomos a buscar ao home verde…


Atopámolo! pero non era verde. Contáronnos que estaba nunha fonte da Praza de Santo Domingo.


Vimos xornais moi antigos


Carteis do San Froilán!


Para finalizar fixemos un taller cun zootropo onde metimos os nosos debuxos e cobraban vida!!








NOVO RETO

 Comezamos un novo reto, cheos de ilusión, expectantes e con ganas de aprender cousas novas, poñemos as gafas que isto empezaaa!!!