Tratamos de concienciar aos nosos alumn@s que coa violencia non se chega a ningures, vimos algúns exemplos e fixemos varias actividades.
DÍA DA INFANCIA
Neste día falamos sobre os dereitos da infancia, vimos un corto e elaboramos entre as dúas clases un mural.
O OUTONO
No cole traballamos as estacións do ano e nesta ocasión tocalle ó outono. Cantamos cancións, fixemos actividades coas follas, identificamos os froitos do outono...
XOGUETES SEGUROS
Hoxe tivemos a visita dunha rapaza que traballa en Consumo, que nos explicou
unha morea de cousas para que soubésemos identificar cales son os xoguetes que cumplen a
normativa europea de seguridade.
COMEZAMOS NOVA ETAPA
Este ano comezamos unha nova etapa non vai ser doado pero con agarimo, respeto, confianza,complicidade, xogo e ilusión conseguiremos superar todos os retos que nos agardan neste camiño.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




































