CHEGOU O NADAL

Estamos traballando as figuras xeométricas no cole. Nestas datas toca o cadrado e como queríamos facer un adorno para a nosa árbore, pensamos en facer algo con forma cadrada.
Fomos preparando a árbore e o mural, no que cada un de nós estampou unha cortiza que mollamos previamente en témpera branca.

IMOS Á BIBLIOTECA DO COLE

Todas as semanas imos coa profe Chus á biblioteca, alí podemos ver contos, cantar cancións, facer debuxos... e o que mais nos gusta é que nos conten contos.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Tratamos de concienciar aos nosos alumn@s que coa violencia non se chega a ningures, vimos algúns exemplos e fixemos varias actividades.

DÍA DA INFANCIA

Neste día falamos sobre os dereitos da infancia, vimos un corto e elaboramos entre as dúas clases un mural.

O OUTONO

No cole traballamos as estacións do ano e nesta ocasión tocalle ó outono. Cantamos cancións, fixemos actividades coas follas, identificamos os froitos do outono...

XOGUETES SEGUROS

Hoxe tivemos a visita dunha rapaza que traballa en Consumo, que nos explicou unha morea de cousas para que soubésemos identificar cales son os xoguetes que cumplen a normativa europea de seguridade.

SAN FROILÁN

Chegou o San Froilán e no cole fixemos uns polbos que coloreamos con papel de burbullas.